62.285 euros para un boleto do gordo da primitiva validado no bar Ramón da Almuzara

14, Setembro 2009

O boleto obtivo cinco acertos, un premio de 2ª categoria, dos que houbo catro en toda España no sorteo do Gordo da Primitiva corrspondente a este pasado domingo dia 13 de setembro. Foi validado no Bar-Casa Ramón da Almuzara, no Concello de Boborás, e segundo contou a esta emisora Ignacio, xerente deste establecemento comercial, o boleto premiado era de dúas apostas e foi selado a última hora do pasado sábado, momentos antes de cerrarse o horario de validación. Non se coñece a identidade do posuidor do boleto, que tan só fallou o número clave, o cero, se chegara a acertalo obtería un premio de primeira categoria, non hobo ningún neste sorteo, polo que tería recibido arredor de seis millóns de euros.