7 de Decembro: O Carballiño ten hoxe 107 contaxios activos, e unha incidencia acumulada a 14 dias de 780 casos por 100.000 habitantes

7, Decembro 2021

Nos últimos 14 dias, diagnosticaronse no Carballiño 110 positivos (cunha incidnecia acumulada a 14 dias de 780 casos por cada cen mil habitantes), mellorando o indicador da IA  da última semana, que suma 47 positivos, onte eran 56 novos casos nos últimos 7 dias.

En canto contaxios activos, O Carballiño rexistra 107. No resto de municipios temos 7 casos activos en Maside, 4 en San Cristovo de Cea, 3 no Irixo, 2 en San Amaro, Boborás, Leiro e Avión, e 1 en Piñor. Finalmente, os municipios de Beariz e Punxín continúan co marcador do coronavirus a cero.