7 de Febreiro: Sube a incidencia acumulada no Carballiño con 106 novos positivos nos últimos 14 dias. Tamén empeoran Cea, Maside e Punxín.

7, Febreiro 2021

O indicador da incidencia de coronavirus que manexa o Sergas, o dos últimos 14 dias, sigue empeorando no Carballiño e alcanza hoxe a cifra dos 106 novos positivos diagnosticados no intervalo entre o 24 de Xaneiro pasado e onte dia 6 de Febreiro. En canto a contaxios activos baixa un caso, pasando dos 109 que rexistraba onte sábado aos 108 de hoxe domingo.

Tamén continúa sendo preocupante a evolución epidemiolóxica os concellos de Maside, con 25 contaxios activos, Cea con 17 e Punxín, con 6. Máis estable está a situación en Boborás, que continúa con 11 contaxios activos, Piñor con 2, e San Amaro con 3. Continúan libres de virus Beariz e O Irixo.