8 de Decembro: Cea, Piñor, Punxín, O Irixo e San Amaro están libres de virus. Quedan contaxios activos en Beariz (21) O Carballiño (5) Maside (4) e Boborás (1)

8, Decembro 2020

Notable descenso de casos activos de coronavirus o que rexistra a comarca do Carballiño, neste martes dia 8 de Decembro. A maior caída de contaxios activos dase no concello de Beariz , 13 menos que onte, polo a cifra actualizada quédase en 21 casos. Sanidade tamén notifica 3 casos menos que onte no Carballiño, onde o número de persoas con infección activa descende ata as 5. Maside mantén 4 casos activos e Boborás quédase cun único caso.

Ademáis, San Cristovo de Cea súmase hoxe ao grupo de concello libres de virus da comarca, no que xa estaban San Amaro, Punxín, O Irixo e Piñor..