9 de Febreiro: Baixan os contaxios en Maside, O Carballiño, San Amaro e Piñor, soben en Punxín e sen variacións no resto de municipios.

9, Febreiro 2021

O Carballiño descende hoxe na incidencia acumulada (IA) a 14 días, e tamén baixan os contaxios activos (-2) quedandose en 102. Tamén descenden hoxe os contaxios activos en Maside (-2) (23) San Amaro (-1) (2) e Piñor (-1) (0). O único concello que aumenta os contaxios activos é Punxín (+2) (8).

Non hai variacións nos contaxios activos no resto de concellos: San Cristovo de Cea (17) Boborás (11) Beariz (0) O Irixo (0)