"AIMAS" en Maside e "MOVE BOBORÁS" en Boborás caldean o ambiente pre-electoral

11, Abril 2011

Os independentes de Maside e Boborás xa teñen nome e siglas para a cita electoral do 22 de maio. O Grupo que lidera Gustavo Alvarez concurrirá ás eleccións no Concello masidao baixo as siglas "AIMAS" (Agrupación Independientes de Maside), farano como candidatura electoral, e xa contan coas sinaturas que precisan para poder participar no proceso electoral, o propio Gustavo Alvarez será o cabeza de lista de "AIMAS". Mentres, en Boborás, está en marcha unha nova formación política, "MOVE BOBORÁS" (Movemento Veciñal de Boborás), que tén o Concelleiro do Partido Popular José Benito "Lito" González Trigás como ún dos seus promotores. Neste caso, está aínda por confirmar quen vai encabezar a candidatura, aínda que soa con forza o nome de Eva Pardo, que no pasado mes de novembro presentara a súa demisión como concelleira do grupo municipal do Partido Popular. Os promotores da nova formación política non esconden as súas criticas á xestión do Alcalde e Candidato á reelección polo PP, Cipriano Caamaño.