Alcalde e Bng volven citarse este mércores para avanzar nun posible, e de momento difícil acordo, en relación os orzamentos

12, Maio 2009

Todo parece indicar que haberá que agardar á celebración do Pleno da Corporación Municipal, para este xoves dia 14 ás doce e media da mañá, para saber con que posibliidades conta o Psoe á hora de someter a votación os orzamentos do Concello do Carballiño para este ano 2009. Tras unha nova reunión, celebrada a última hora da tarde entre socialistas e nacionalistas non se produciron grandes avances na negociación, que presentan os seus maiores puntos de fricción na política de persoal e a Relación de Postos de traballo, a RPT que vai unida a aprobación dos orzamentos. Outra das desavenencias entre Psoe e Bng que dificulta o acordo é o compromiso de pago ós acreedores e un plan de saneamento das contas municipais, tal como demanda o bng.

O Alcalde Carlos Montes, polo psoe, e os concelleiros Bernardo García e Aurea Francisco, polo bloque nacionalista galego, volverán reunirse novamente este mércores dia 13 pola tarde. Será, con toda seguridade o último intento para chegar a un posible, e de momento dificil acordo, antes da celebración da sesión plenaria do xoves.  O voto afirmativo ou a abstención dos nacionalistas facilitaría a aprobación dos orzamentos, do contrario serían rexeitados pola maioria do pleno, toda vez que co partido popular nin xiquera se intentou algún posible achegamento por parte dos socialistas.