Ana Pontón en apoio de Sofía García como candidata á alcaldía "O Carballiño ten que deixar de mirar atrás"

16, Marzo 2023

O BNG trouxo ata O Carballiño á portavoz nacional  Ana Pontón para presentar a Sofia García como candidata nacionalista á alcaldia do Carballiño para o 28-M, no transcurso dun acto que se desenvolveu no restaurante "Gazpara".

A candidata agradeceu a confianza outorgada pola súa formación política e a veciñanza do Carballiño nos últimos anos e manifestou presentarse a estas eleccións porque "O Carballiño precisa un tempo novo" porque "é o momento de construir un O Carballiño con máis futuro, con máis emrpego, máis igualdade e máis benestar, para vivir e traballar".

Ana Pontón dixo que "O Carballiño ten que deixar de mirar atrás, ten que deixar de lado fórmulas esgotadas" xa que considera que "O Carballiño retrocede en vez de avanzar" e por eso "O Carballiño merece unha alcaldesa como Sofía".