A apertura dun Centro de Día nas súas instalacións, entre os proxectos da dirección da Residencia Irmáns Prieto

20, Abril 2022

Asi o anunciou nunha entrevista nesta emisora de radio a directora do xeriátrico carballiñés, Nuria Iglesias, a apertura dun Centro de Día nas dependencias do Residencia Irmáns Prieto é un dos proxectos prioritarios para levar a cabo ao entender que é unha demanda real "está a opción de ofrecer prazas de centro de dia porque a xente do propio Carballiño trasládanos esa necesidade, persoas que queren durmir na súa casa e que queren comer e pasar o dia con nós", manifestou.

Tamén comentou que este proxecto estivo paralizado pola pandemia e agora "gustaríanos nos próximos meses poñelo en marcha", desta maneira a residencia ofrecerá en breve un novo servizo a O Carballiño e comarca.

Nuria Iglesias fíxose cargo da dirección do centro por encargo da Fundación Irmáns Prieto en agosto de 2020 tras a marcha das "Hermanitas dos Anciáns Desamparados", o que deu lugar a diversos cámbios na xestión en plena pandemia, mesmo motivando algunhos conflictos laborais e dando lugar a un debate social e tamén político no concello do Carballiño entorno á Fundación impulsada polos filántropos carballiñeses, os irmáns Prieto Pereira nas primeiras décadas do século 20.

Na actualidade, a residencia -aínda hoxe chamada popularmente o Asilo do Carballiño- conta con 106 prazas de residentes e "se cumplimos as previsións serán 111 a finais de mes, polo que estariamos xa cubrindo a capacidade total", avanzou a directora, que tamén dixo que a lista de espera é de 30 persoas, e que que o actual cadro de persoal está integrado por 62 persoas "o 90% mulleres".

Pódese escoitar íntegra a entrevista a Nuria Iglesias no audio do programa do dia 20 de abril de 2022, no PODCAST de COPE O Carballiño que encontrarás nesta mesma páxina WEB.