"Asacocirco Show", Pepe Suevos, Luis Zahera e "A Maxia do Outono" no 1º Festival de circo e humor do 29 ao 31 de outubro en Boborás e Castrelo de Miño

27, Outubro 2021

O Concello de Castrelo de Miño e o Concello de Boborás únense para organizar o primeiro Festival de Circo e de Humor, que contará con grandes artistas da nosa terra. Este primeiro festival levarase a cabo a última fin de semana de outubro e realizarase de forma simultanea nos dous concellos, un gran exemplo de colaboración entre entidades locais.

Dará comezo o venres 29 ás 19:00 horas coa actuación en Boborás do espectáculo "A Maxia do Outono" e á mesma hora en Castrelo de Miño o espectáculo "Asacocirco Show".

O sábado 30 ás 19:00 horas en Boborás teremos a actuación do monologuista galego Pepo Suevos e en Castrelo de Miño á mesma hora o espectáculo "A Maxia do Outono".

A xornada do domingo é a máis extensa en programación, comezará ás 12:00 horas en Castrelo de Miño coa actuación do artista Luís Zahera, que pola tarde ás 18:00 horas actuará en Boborás, tamén as 18:00 horas en Castrelo de Miño dará comezo o monólogo de Pepo Suevos. O festival finalizará en Boborás ás 19:30 co espectáculo de circo "Asacocirco Show".

Todos os espectáculos son de balde. O programa está subvenionado pola Consellería de Cultura, no marco dunha convocatoria de carácter competitivo e no que este proxecto acadaou a máxima puntuación.

En Boborás os espectáculos realizaranse no patio do colexio e en Castrelo de Miño no Parque Náutico de Galicia, en ambas localizacións os espectáculos serán ao aire libre, pero coa instalación dunha carpa para combater posibles inclemencias climatolóxicas.