ASPADISI eleva a 1,4 millóns de euros o orzamento para rematar a construcción da súa residencia, continúan apelando á solidariedade veciñal para cubrir os gastos.

15, Decembro 2022

Josefa Pérez e Manolo Amil, en representación da xunta directiva da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos das Comarcas do Carballiño-Ribeiro, deron conta da evolución do proxecto que agardan culminar en 2023, cando está prevista a apertura da residencia para usuarios e familiares.

Aspadisi eleva, finalmente, ata 1,4 millóns de euros a inversión necesaria para facer realidade este espazo residencial, que se contrúe como unha ampliación do edificio  Centro Ocupacional, no solar que cedera no seu dia o concello do Carballiño nas inmediacións do paseo do río Arenteiro.

Amil explicou que o incremento dos costes dos materiais de construcción obrigou a actualizar o orzamento previsto e agarda que coa aportación -aínda por concretar por parte da Xunta- como dos veciños e veciñas das comarcas do Carballiño-Ribeiro poidan cubrir os gastos, incluidos os relativos ao equipamento. Neste contexto, Manolo Amil fixo un novo chamento púbico para esta causa, recordando que están abertas cinco contas noutras tantas entidades do Carballiño para recoller estas doazóns, que ata os 150 euros poderán beneficiarse para obter unha desgravación fiscal do 80% no IRPF.