Automobilismo, patinaxe, cine, teatro, música e Festa da Richada, na axenda da fin de semana na comarca.

17, Xuño 2022

"O Carballiño Centro Comercial Aberto" celebra o venres 17 e sábado 18 os "Dias Tolos" con grandes descontos en 35 establecementos comercias do Carballiño, unha iniciativa na que tamén colaboran 12 establecementos da hostalaría local, que ofrecerán tapas para os clientes que compren nos comercios participantes, que tamén repartirán invitacións para as actividades infantís. Un espectáculo de zancudos e música de charangas animarán as rúas carballñesas.

Máis musica con motivo da 3ª Foli Richada de Maside, este sábado 18 de xuño coas actuacións dende as 6 da tarde do grupo de acordeóns, baile e gaitas Amálgama, a Coral A Torre, Os Cotovías, Tokaide e a actuación estelar -ás 10 da noite- da agrupación "Faíscas da Pontraga". Por 10 euros poderá degustarse a exquisita carne richada de Maside, dende as 9 da noitiña en adiante,

O Rally de Ourense córrese tamén polas estradas da comarca, este venres 17 no tramo O Irixo-Boborás, con dúas pasadas ás 18:05 e 21;20 horas.

O pavillón de deportes Paco Chao acolle este sábado 18 dende as 17:30 horas o Campionato Galego de Patinaxe Artística SWOW, un evento que reunirá a 333 patinadoras e patinadores e achegará ata O Carballiño a unhas 1400 persoas, según as previsións dos organizadores, o Club de Patinaxe AEHDE do Carballiño.

No Novocine de Leiro, cine de estrea coa película de animación "Lightyear", en sesións de 16:00, 18:15 e 20:30 horas.

Continúa o "Circuíto de Teatro Amador" que organiza Tiruleque Teatro, e que presenta este domingo 19 ás 6 da tarde no auditorio a Paso de Valverde co espectáculo de teatro infantil "Ultrasónica", con entrada de balde.