Avión celebra a súa I Andaina Popular o vindeiro 23 de agosto coa que se poderá coñecer esta localidade

10, Agosto 2009

(Redacción. Belén González) O domingo 23 de agosto, Avión celebra a súa primeira andaina popular coa que os participantes percorrerán as rutas de sendeirismo habitilitadas polo Concello de Avión.  Tódolos interesados poderánse inscribir por 10 euros ata o 20 de agosto na Casa do Concello, na Biblioteca Municipal ou no Pabillón Polideportivo; ademáis será habilitada unha páxina web para que se poida realizar a inscripción. A andaina comezará ás 08.30 horas da mañá e contará cun percorrido de 17´5 quilometros; os asistentes partirán dende a Praia Fluvial de Avión e o remate do traxecto será no mesmo punto de partida. Ó longo de todo o paseo haberá dous puntos de avituallamento que contará con auga, bebidas isotónicas e alimentos enerxéticos. Durante o traxecto, os asistentes poderán ver lugares curiosos desta localidade como eiras de canastros, a zona fluvial, o antigo castro celta e un longo etcétera. ó finalizar a andaina, os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa, un bocadillo, froitas e bebidas.