Avión contará coa primeira piscina pública cuberta e climatizada das comarcas do Ribeiro e O Carballiño

18, Maio 2010

Un investimento de 230.000 euros financiados a través do Plan E fará posible o proxecto que convertirá a piscina municipal do Concello de Avión na primeira de titularidade pública que contará con instalacións cubertas e climatizadas, no ámbito das comarcas do Carballiño e O Ribeiro. O Concello de Avión ven de adxudicar a obra á empresa "Construcciones Benigno Alvarez", que as acometerá en dúas fases, unha primeira que se realizará de inmediato e unha segunda que se executará a partir de setembro, e deste xeito non ter que cerrar as instalacións durante os meses de verán. A actuación que se levará a cabo consistirá na cubrición exterior das instalacións, que contan xa cun sistema sustentable de climatización por medio de paneis solares. O Alcalde de Avión, Antonio Montero, salientou no programa "A mañá de Cope O Carballiño" que esta obra "permitirá que poidamos contar cunhas piscinas para disfrutar todo o ano, e non só para o ocio senón para finalidades terapéuticas, tal como nos viñan demandando moitos veciños".