Centos de persoas principian "a loita pola unidade do Irixo contra a incineradora"

17, Decembro 2011

A asamblea convocada este sábado pola Coordenadora Veciñal reuníu no Colexio Público do Irixo arredor de 500 persoas. O éxito da convocatoria levou aos organizadores a preguntarse "a ver logo ónde está ese 75% que dín que está a favor da incineradora, ésta e unha loita pola unidade do Irixo", asi despedía a súa intervención Luis González Tosar, escritor e Fillo Predilecto do Irixo, que ademáis foi o encargado de abrir o acto recitando o "Adios Rios Adios Fontes" de Rosalia de Castro "un poema moi propio para o que hoxe nos trae aquí". González Tosar calificou a situación que está a vivirse en relación a decisión e o anuncio de instalar no municipio do Irixo esta planta para o tratamento do lixo "como unha improvisación absoluta" da que responsabilizou directamente o Alcalde e 1º Tenente Alcalde do Irtixo, para os que tivo duras palabras"non lle consentimos tanta desvergonza e tanta soberbia, acabouse o Penedo bó rapaz, é un dictador, levan desde abril de 2010 contuberniando con Estéla Eólica, e firmaron un acordo coa empresa sen consultar con ninguén, aquí os únicos que viven da política son o Alcalde e o Tenente Alcalde, nos non, asi que esiximos respeto", sentenciou.

Durante hora e media foronse sucedendo as intervencións, entre elas a do Fillo Adoptivo do Irixo e Fundador da Cooperativa Santa Mariña de Loureiro, Antonio González Bernárdez, proclamando que "queremos vivir do noso traballo na nosa terra, non queremos nada desa basura". O Párroco de Loureiro, que no nome da Coordenadora agradeceu a todos os presentes a súa asistencia "os que sodes  veciños do Irixo e os que vindes de fora, agradecervos de corazón que vos unades a nosa loita para defender esta terra", tamén lamentou que se houbese propiciado "unha división, porque por enriba do diñeiro está a supervivencia, rómpese a unidade, enfrontase ós veciños".

O Portavoz da Coordenadora Veciñal, Alberto González, advertíu que "esta non é unha fábrica de galletas, senón unha incineradora" e pedíu aos veciños que reflexionasen sobre cómo vai acabar afectando a planta tanto desde o punto de vista medioambiental como para a saúde das persoas "ahí vanse xenerar dioxinas, cinzas tóxicas e perigosas que non se sabe que van facer con elas". Chamou a atención sobre o feito de que sexa unha emprresa privada e non pública a que promove o proxecto "asi que a administracción terá que pedir permiso para entrar a controlar", tamén incidíu nos postos de traballo que poderían crearse "non é certo que sexan para os veciños do Irixo, porque haberá xente que se empadrone no Irixo, sen ser do Irixo", remantando cunha pregunta que tamén se fixeron outros dos oradores que tomaron a palabra ´"se ningúen a quere por qué a imos querer nos?

Os promotores da Coordenadora recalcaron en varias ocasións o carácter "apolítico" do movemento, "´ésta é unha coordenadora de veciños do Irixo organizados por parroquias", tamén aconsellou que fose así outro dos participantes nesta reunión, Clodomiro, que achegou a experiencia do "Foro Social Temos Dereito a Saber" creado no Ribeiro no seu dia para opoñerse a instalación da planta de Carballeda de Avia  "tocouvos a china e tendesvos que defender, a nós sendo Conselleiro o Pachi quiexeron colarnola, daquéla contavos co apoio de todos os grupos ecoloxistras salvo ADEGA", esta afirmación foi contestada desde o público por militantes da citada organización ecoloxista "eso é mentira, ADEGA sí estivo", replicouselle.

Ao final da asemblea repartironse follas para a recollida de sinaturas contra a ubicación no Irixo da planta de resíduos, anunciandose por parte da Coordenadora que "esto non fixo máis que empezar, xa vos irémos comunicando as decisións que se vaian tomando". A convocatoria foi calificada como de "rótundo éxito" e algúns dos organizadores incluso elevaba a asistencia a 900 persoas. A maioria eran veciños e veciñas das parroquias do  Irixo,  cunha moi notable participación das de Loureiro e Corneda, e tamén outros moitos residentes habitualmente fora do Concello. Entre o público, a presenza de persoas chegadas desde O Carballiño  e Lalín, tamén desde o Concello de Piñor, entre eles o seu Alcalde Francisco Fraga.