A CHMS incia as obras de mellora no paseo do Arenteiro e o lavadoiro de Toscaña, cun orzamento de 325.000 euros

18, Xuño 2021

As obras do paseo consisten na substitución do pavimento de xabre actual por un novo a base de aripaq, resistente á erosión pola acción da auga, e na mellora da drenaxe e evacuación de augas pluviais nunha lonxitude de 2 Km, situados entre a Ponte Veiga e Rúa Astureses.

Ademais, o proxecto contempla a substitución da cuberta dun lavadoiro da Toscaña, adxacente ao paseo, así como a adecuación dun acceso existente desde o vial Rúa Río Miño e o acondicionamento dunha leira próxima para a futura instalación dun parque infantil.

Estas obras foron adxudicadas á empresa Orega, S.L. por importe de 325.163,77 €, para ser executadas nun prazo máximo de 6 meses. A Confederación aporta o 80% do orzamento, e o concello do Carballiño o 20% restante.

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, e o alcalde do Carballiño Francisco Fumega, acompañados doutros responsables municipais, supervisaron esta mañá o inicio da obras.

Ademáis, o rexedor municipal avanzou que na zona que acondionará a Confederación neste barrio de Toscaña, crearáse un espazo de ocio infantil, que será "un parque de aventuras, para o que o concello xa ten reservados 150.000 euros, tal como nos demandan os nenos e nenas do Carballiño", subliñou Fumega.