Cinco parroquias da Comarca catalogadas como de alta actividade incendiaria -PAAI- no PLADIGA 2018

28, Maio 2018

Son en total 77 parroquias en toda Galicia, das que cinco se localizan na Comarca do Carballiño, e nas que Medio Rural  controlará sobre o terreo esta problemática dos lumes.

Trátase das Parroquias de Alta Actividade Incendiaria -PAAI- consideradas como tal no PLADIGA 2018 da Xunta de Galicia.

No territorio comarcal figuran nesta relación as parroquias de Vales e Covas, ambas no concello de San Cristovo de Cea, outra parroquia no concello de Piñor, a da Corna. No concello de Boborás figura como de alto risco incendiario a parroquia de Xurenzás, e a de Lobás no municipio do Carballiño.

A partir desta semana faránse reunións de estudo e control da actividade incendiaria, nas que participarán técnicos de Medio Rurtal, alcaldes e responsables municipais, representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, asi como axentes públicos e privados con presenza nas zonas afectadas.

Faránse avaliacións das principais causas, consecuencias e peculariedades da actividade incendiaria en cada unha destas parroquias, procurando mellorar os mecanismos e a coordenación en materia de prevención, disuasión, extinción e investigación dos lumes, reforzando a cooperación dos corpos policiais.