As cinco primeiras empresas da comarca facturan 95.6 millóns de euros e dan traballo directo a 633 persoas

25, Maio 2020

A realidade económica e empresarial da comarca do Carballiño mostra poucas grandes empresas, xa que o panorama está dominado polos autónomos e as micro empresas, que son a maioria.

No ranking de empresas españolas publicado por "El Economista", que recolle datos de 2018, as cinco principales empresas da comarca lograron unha facturación de 95,6 millóns de euros.

Na primeira posición permanece outro ano máis GRI TOWERS GALICIA S.L, factoria que ten a súa sede social no parque empresarial do Carballiño, dedicada á fabricación de torres eólicas, tivo unha facturacion de 33.675.000 euros e empregou a 391 traballadores.

Tamén no mesmo parque empresarial carballiñés ten o seu domicilio social SOCIEDADE GALLEGA DE POLÍMEROS S.A.,a segunda mercantil da comarca en volumen de facturación, que comercializa polietileno e valorización de residuos industriales, facturou 26.730.000 euros, cunha plantilla de 63 traballadores.

A terceira empresa en facturación, e segunda da comarca en número de traballadores, volve ser MADERAS GÓMEZ S.L., a sociedade con sede en Loeda, no concello de Piñor, con 13.050.000 euros de facturación e 141 traballadores, dedicada á transformación da madeira.

Ata a cuarta posición desde ranking das primeiras empresas da comarca ascende FRIGORIFICOS ARCOS S.L., con domicilio no parque empresarial do Carballiño, que centra a súa actividade no elaborado, procesado e almacenaxe de polbo e frio industrial, acadou unha facturación de 11.199.278 euros.

E pecha este TOP-5 das empresas da comarca do Carballiño PACO CACHAROLO S..L., a empresa de San Cristovo de Cea dedicada ao comercio ao por maior de todo tipo de madeira, tivo unha facturación de 10.991.663 euros.