A comarca entra no mes de maio en condicións de nova normalidade. O Carballiño, con 5 casos, único concello con contaxios activos, ningún deles diagnosticado na última semana.

1, Maio 2021

A comarca do Carballiño entra no mes de Maio na mellor situacion epidemiolóxica dende practicamente os inicios da pandemia. O concello do Carballiño, que mantén 5 contaxios activos, é o único que notifica casos de coronavirus, xa que o resto de municipios están todos eles limpos de virus, en condicións de nova normalidade.

Ademáis, no caso do concello do Carballiño non se diagnosticou ningún novo positivo dende fai máis dunha semana, asi o reflicte a incidencia acumulada, sen ningún caso nos últimos 7 dias.