Concello e CCA reactivan 1520 tarxetas do bono "O Carballiño Contigo", poden recargarse na oficina de turismo da Alameda

21, Decembro 2021

Terceira edición do programa de tarxetas "O Carballiño Contigo" que financia o concello carballiñés en colaboración co Centro Comercial Aberto para a dinamización do comercio e a hostelería locais.

Desta vez, son 1520 as tarxetas que se van activar, en horario de 10 a 14 horas, e de 16 a 21 horas, os dias xoves 22 e mércores 23, na oficina de turismo da Alameda, as tarxetas unha vez recargadas poderán consumirse con data límite o dia 31 deste mes de Decembro no que andamos.

Como nas outras dúas edicións anteriores, o cliente paga 25 euros e o concello aporta outros 25 euros, polo que a tarxeta quedará cargada con 50 euros.

Para poder facer a recarga das tarxetas, os clientes terán que achegarse de maneira presencial co seu DNI orixinal ou Tarxeta de Residente orixinal, e asi poderán reactivar calquera das 4.000 tarxetas que foron repartidas nas dúas anteriores campañas, podendose cargar dúas tarxetas por persoa.