Confirmados 3 casos no xeriátrico carballiñés, o coronavirus volve entrar no Asilo do Carballiño

26, Novembro 2021

A covid continúa esta sexta fase expansiva no Carballiño, que ronda xa o medio centenar de contaxios activos. Ademáis, o coronavirus volve afectar ao maior xeriátrico carballiñés, a residencia Irmáns Prieto, na que se confirmaron 3 positivos mediante probas PCR nas últimas horas.

A pesar de que os residentes están todos protexidos e xa recibiron a terceira dose da vacina, o certo é que non lle foi impedimento ao virus para entrar no xeriátrico, que logrou esquivar as últimas ondas da pandemia, pero non ésta que está en plena expansión tamén no noso ámbito local, con 41 contaxios activos a dia de hoxe no Carballiño, a cifra máis alta dende o pasado mes de Agosto no municipio.