Conflicto da auga: os veciños aceptan a mediación da Deputación e poñen fin a 18 dias de encerro na casa do concello de Punxín

15, Abril 2014

A representación veciñal e o Vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, acordaron que a partir do vindeiro lúns reuniránse para buscar una solución a este conflicto.

Tras o acordo, os vecinos decidiron poner fin ao encerro que viñan protagonizando na casa do concello dende o pasado 28 de Marzo, en demanda dunha negociación para tratar a súa reivindicación sobre a rebaixa no prezo da auga e mellora nas condicións da prestación do servizo de abastecemento de auga no municipio.

Este pasado martes, os veciños encerrados no consistorio impediron a entrada ás dependencias dos traballadores municipais, feito polo que o tenente alcalde presentou una denuncia ante  a Garda Civil.

O reprsentante da Comisión da Auga lamentou en COPE O Carballiño "que nin o alcalde, que está de vacacións en Tenerife, nin o teniente alcalde se achegasen polo concello para interesarse pola situación dos veciños, por aquí non tiveron tempo para aparecer, pero sí para ir denunciarnos á Garda Civil".