Dende as 20:30 horas deste domingo: Especial Eleccións en COPE O Carballiño, seguindo minuto a minuto o reconto de votos en cada concello

25, Maio 2019

A programación local de COPE O Carballiño no SUPERDOMINGO ELECTORAL iniciaráse a partir das 20:30 horas deste domingo 26 de Maio, para levarlles a mellor e máis inmediata información do que está acontecendo en todos e cada ún dos concellos do noso ámbito de cobertura radiofónica.

Xan Pinal conducirá un programa que continuará en antena ata que se coñecezan os resultados do escrutinio definitvo en todos os municipios da Comarca.

Ademáis, co reconto dos cen primeiros votos nunha das mesas electorais do concello do Carballiño elexida por marcar tendencia e que ven sendo representativa eleccíon tras eleccíon do que despois é o resultado final, COPE O Carballiño avanzarálles unha proxección do que pode ser o reparto de concelleiros na próxima corporación municipal do Carballiño.

O programa irá dando conta minuto a minuto do escrutinio en tempo real, tanto no Carballiño como no resto dos concellos.

Nos estudos de COPE O Carballiño, os nosos analistas irán comentado toda a información que se vai procesando, e da mesma maneira irémos coñecendo as impresións dos candidatos e candidatas que se desputan as alcaldias en xogo.