A Deputación colaborará co concello de Maside na reforma da casa da cultura, asi como na mellora de equipamentos deportivos e a rede viaria municipal.

19, Xaneiro 2024

A Deputación de Ourense fai posible a reforma da cuberta e o acondicionamento das fachadas do edificio que alberga a Casa de Cultura de Maside. Así o salientou o presidente da Deputación, Luis Menor, durante o encontro de traballo que mantivo no Pazo Provincial co alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, para repasar as actuacións levadas a cabo en colaboración coa institución provincial.

Durante a xuntanza, Luis Menor lembrou que o Concello de Maside percibirá máis de 800.000 euros ao longo do mandato 2023-2027 a través do Plan CooperOU. Tamén analizaron posibles liñas de cooperación para futuras actuacións en materia de infraestruturas deportivas e viarias do municipio.