Descenden os contaxios de Covid-19 nos centros educativos do Carballiño, hai 10 casos menos que a pasada semana

27, Outubro 2020

A actualización de datos da Consellería de Eduación deste martes 27 de Outubro déixanos boas noticias, xa que os casos de Covid-19 activos nos centros educativos da comarca do Carballiño experimentan un notable descenso en relación aos do pasado venres, cando eran 37 casos, que se quedan hoxe martes en 27.

Tan so o CPR Vila do Arenteiro rexistra un incremento de casos positivos de coronavirus na súa comunidade educativa, tiña un único caso o venres e hoxe notifícanse 3.  Entra na relación de centros afectados, xa estivera e saíra da lista, á que regresa agora cun caso o CPI de Cea.

Mantéñense os mesmos contaxios activos da pasada semana no PAI de Boborás (6), que permanece pechado, CPI Terras de Maside (1) e Escola Infantil do Carballiño (1).

Descenden os contaxios no resto dos centros afectados, que según esta última actualización, son os seguintes: CPR Sagrado Corazón (6) CEIP Calvo Sotelo (2) IES Chamoso Lamas (2) IES nº1 (2) e CEIP de Boborás (3)