Devoción, gastronomía e música na Romaría da Saleta, a romaría das romarías da comarca do Carballiño

19, Setembro 2023

O tempo está acompañando e propiciando unha boa afluencia de romeiros e romeiras a esta Saleta 2023 no monte de Astureses, neste 19 de setembro que é festivo local no concello de Boborás, aínda que a esta romaría acuden cada ano persoas da practica totalidade dos concellos da comarca carballiñesa.

Familias e pandillas teñen o seu espazo reservado, e as tabernas ambulantes forman un gran comedor ao aire libre nas inmediacións da capela da Nosa Señora da Saleta, que se está quedando pequena durante a xornada pola gran afluencia de devotos, que escoitan misa desde o exterior.

Como se corresponde cun dia de romaría, a xornada está amenizada coa música tradicional dos Biruxes, a charanga Loucost, o dúo estelar e a orquestra Miramar.