A Directiva do C.D.Arenteiro despide á totalidade da plantilla, tras pedir os xogadores a dimisión dos directivos

28, Marzo 2010

A tensión na relacións que desde fai varias semanas atrás mantiñan directiva e xogadores do Arenteiro, debido ó atraso nos pagos mensuais por parte do club, tivo o que pode ser o seu episodio definitivo ó rematar o encontro xogado esta tarde en Espiñedo ante o Xuventude de Cambados. O motivo, unhas declaracións recollidas hoxe por medios escritos, nas que os xogadores advertían que se non cobraban o diñeiro que se lles adebedaba, entón estarían dispostos a facerse cargo do club atá final de tempada, eso si, cunha única condición, que dimitise a actúal xunta directva, que preside Antonio Valiñas. A reacción dos directivos non se fixo esperar, e esixiron á plantilla e corpo técnico unha rectificación, que se retractasen das súas declaracións ou que se considerasen despedidos. Tamén foi inmediata a resposta dos xogadores, negandose a rectificar. Polo tanto, estamos ante unha insólita situación, na que o Arenteiro quedase sen xogadores na primeira plantilla. En principio, e salvo que se reconduzca a situación, a intención da actúal xunta directiva é seguir na competición da preferente con xogadores do equipo filial. Ademáis, na vindeiras horas agardan poder chegar a un acordo co adestrador Marquitos, para a resolución do contrato. Xa no aspecto deportivo, agora mesmo nun segundo plano, Arenteiro e Cambados repartiron os puntos, tras empatar a dous goles.