Domingo corredoiro, desfile e lúns de rodos, no antroido de Boborás.

4, Febreiro 2010

O programa do antroido no Concello de Boborás ábrese o domingo dia 7 de febreiro, co domingo de corredoiro. Os participantes concentraránse ás 3,30 da tarde no colexio de Boborás, para comezar seguidamente o percorrido por todas as parroquias do Concello, nunha xornada que estará amenizada coa música da charanga de Bande. Xa o domingo dia 14, dia grande do antroido en Boborás, terá lugar o xa tradicional desfile de comparsas e carrozas, e ademáis haberá concursos de disfraces para os nenos. Os interesados en particpar no desfile deberán facélo anotandose nas oficinas muncipais, atá o venres dia 12. O final do desfile celebraráse unha festa e verbena, que estará animada pola orquestra Atenas. E xa finalmente, completando esta programación organizada pola concellería de cultura de Boborás, volverá este ano celebrarse o "lúns de rodos", que como manda a tradición, sairán desde  Pazos de Arenteiro, para facer un perocorrido polos pobos dos arredores. A festa dos rodos comezará ás dez da noite e o lugar de concentración será o Bar da Ponte, de Pazos de Arenteiro.