Entroula, Maside e Partovia, primeiros premios no concurso de comparsas do entroido carballiñés.

21, Febreiro 2023

A comparsa carballiñesa "Entroula" foi a gañadora do concurso de comparsas 2023 organizado pola concellería de cultura do concello do Carballiño, tras o desfile do martes de entroido polas rúas carballiñesas, o xurado considerou que esta agrupación era a merecedora deste recoñecemento, avaliando a súa creatividade e animación.

Os Azucarados de Maside e a comparsa da asociación de veciños de Partovia leváronse, respectivamente o segundo e terceiro premio deste concurso de comparsas do carnaval carballiñés.

O cuarto premio foi para Os Arrieiriños de Dacón, o quinto para Lumareda, o sexto para Aspadisi, o séptimo para Os Nevadiños e o octavo para As Bruxas da Costa.

Na foto, o "Rubio de Cameixa", un dos grandes animadores do carnaval na comarca do Carballiño, que tampouco faltou a súa cita anual co martes de entroido no Carballiño.