Espazo Común asegura que "o concello paga novas multas por valor de 24000 euros polo deficiente funcionamento da EDAR do Carrás"

5, Decembro 2022

O grupo municipal de Espazo Común afirma que esta nova sanción da Confederación Hidrográfica por importe de 24.000 euros súmase ás "multas pagadas anteriormente por verquidos sen autorizar dende a depurado do Carrás ata chegar case aos 300.000 euros", no cómputo dos últimos anos.

Tamén indican dende Espazo Común que dende esta formación política veñen denunciando esta anomalía dende o ano 2028 "no que vimos advertindo desta situación sen que Fumega e o seu equipo sfixeran absolutamente nada".

Confesan que veñen de recibir "con estupor" esta nova sanción, que pon de manifesto "un lamentable caso máis da pésima xestión que ten consecuencias directas nas arcas do concello e do que agora ningúen se fixo responsable".