A estancia do equipo de rodaxe da película " A Esmorga" garante a apertura da Residencia de Tempo Libre no 1º trimestre de 2014

19, Decembro 2013

A Productora "Vía Láctea" aceptou a proposta dos responsables municipais do Carballiño e farán da residencia carballiñesa o centro de operacións para a rodaxe da longametraxe.

Os traballlos de producción e rodaxe da Esmorga, dirixida por Igancio Vilar, están previstos para os meses de Xeneiro, Febreiro e Marzo de 2014, en distintas paraxes da provincia de Ourense. O Alcalde, Argimrio Marnotes, e a concelleira de Turismo viñan realizando xestións coa productora dende o pasado mes de setembro, según manifestou o rexedor esta mañá.

Marnotes indicou "que ata o de agora non podiamos dar a coñecer esta iniciativa, porque non sabiamos se fructificaría ou non, pero desta maneira cumplimos o compromiso que xa manifestamos no último pleno da corporación, dende o goberno do concello do Carballiño estamos traballando para facer pola residencia de tempo libre o que antes non fixo ningún outro goberno municipal".