Estudio General de Medios: COPE O Carballiño despide o curso radiofónico consolidando o liderazgo absoluto na Comarca e colando a súa programación local de mediodia entre as de máis audiencia en toda Galicia.

27, Xuño 2019

Os novos datos do EGM dados a coñecer esta semana, correspondentes á segunda entrega de 2019, revalidan unha vez máis a hexemonía radiofónica de COPE O Carballiño no ámbito local e comarcal.

Ademáis, a programación local de mediodia -de 12:30 a 14:30 horas- de COPE O carballiño logra por segundo EGM consecutivo colarse entre as de máis alta audiencia entre todas as emisoras de radio de Galicia, incluídas as que emiten nas capitais e grandes cidades.

Cada día, 8.000 persoas infórmanse do acontecer local en COPE O Carballiño, sendo ademáis en horario de mediodia a segunda emisora con máis audiencia en toda a provincia de Ourense, incluidas as da capital.

COPE O Carballiño agradece o apoio masivo da veciñanza do Carballiño e Comaca e reafírma, unha vez máis, o seu compromiso coa información local.