Eva Pardo sobre Cipriano Caamaño "foi él quen enervou a xente e ensuciou a campaña electoral"

2, Xuño 2011

A candidata á Alcaldia de Boborás Eva Pardo e futura Concelleira de Move Boborás, grupo que acadou 2 concellais o pasado 22 de maio, referíuse ó candidato do Partido Popular Cipriano Caamaño como o culpable de "todas esas incidencias e toda esa tensión, él fixo esa campaña sucia que agora di que fixemos outros, él foi quen nos chamou ladróns, sobre todo nesta emisora de radio, e tamén cando tuvo cabida nos medios escritos". Máis adiante, na súa intervención radiofónica, a nº 1 de Move Boborás manifestou que "foi él quen enervou a xente e para eso tampouco lle foron ben as cousas, porque a pesar de todo tan só sacou o 51% dos votos, nós fixemos unha campaña explicando o noso programa porta a porta, e outros fixeron chamadas telefónicas advertindo das consecuencias de non votarlle ". Eva Pardo tamén asegurou que dentro de esa " campaña sucia" se fixeran "regalos porta a porta, aínda asi solo sacaron o 51%". En relación ó cheque que foi abonado a unha empresa de informática polo suministro de ordenadores, por importe de 15.000 euros, e no que tesoureiro municipal LIto González, e tamén membro de Move Boborás, denunciou no Xulgado a falsificación da súa sinatura, Eva Pardo dixo que non tiña ningunha relación persoal con esa empresa, negando calquera trato de favor na contratación que ela fixera deste suministro cando aínda exercía de 1ª tenente de Alcalde no Concello de Boborás.