Éxito da programación navideña no "Novocine"

29, Decembro 2017

A programación de nadal do NOVOCINE de Leiro está constituíndo un gran éxito de asistencia ao cine en pantalla grande.

O único cine comercial que continúa aberto no ámbito das comarcas do Carballiño e o Ribeiro está rexistrando unha notable afluencia de espectadores a esta sala sita na vila de Leiro.