Falece un dos sacerdotes máis veteranos da comarca, Senén Rodríguez estivo durante 40 anos á fronte do Santuario da Saleta e varias parroquias de Boborás

9, Abril 2023

O seu pasamento chega despois de cumplir os 88 anos, estando en activo ata fai ben pouco tempo, sendo un dos sacerdotes máis veteranos da comarca do Carballiño. 

Senén Rodríguez Vila estivo durante as últimas catro décadas á fronte do Santuario da Saleta, onde se celebra o 19 de setembro a romaría máis concurrida da comarca carballiñesa. Tamén exerceu como párroco de Astureses e Xurenzás, asi como encargado doutras parroquias do concello de Boborás, ata que foi relevado. O bispado nomeou ao seu sustituto no pasado mes de febreiro deste ano 2023.

O funeral terá lugar este lúns dia 10 de abril ás 7 da tarde no Templo da Veracruz do Carballiño, para posteriormente recibir sepultura no cemiterio de Señorín.