A Federación autoriza ao Arenteiro a xogar o partido de Copa do Rei co Valencia en Espiñedo

10, Decembro 2021

Xa é oficial, o club acaba de recibir a comunicación do comité de competición da RFEF que confirma que o partido de copa do próximo xoves ante o Valencia xogaráse no estadio municipal de Espiñedo.

Os socios do Arenteiro terán preferencia para retirar a súa entrada, dende hoxe venres e ata o próximo domingo dia 12 nas taquillas de Espiñedo, en horario de 17 a 20 horas e polas mañás de 10 a 13:30 horas. A partir do lúns a venda será libre, tanto para socios como público en xeral. Os prezos das entradas son 15 euros para socios e 30 euros para os non socios.