A fin de semana deixanos un incremento (+7) de novos positivos de Covid no Carballiño, que alcanza os 19 contaxios activos. Tamén aparecen novos casos en Cea, San Amaro e Maside.

22, Novembro 2021

A última actualización do marcador comarcal do coronavirus, correspondente a este lúns dia 22 de Novembro, deixanos un siñificativo incremento de contaxios activos no concello do Carballiño, son 7 máis que o pasado venres, pasando de 12 casos dese dia aos 19 contaxios activos que suma hoxe o municipio carballiñés.

Tamén se incrimentan os casos en Maside (+1) (6) Cea (+1) (2) e volve entrar o coronavirus en San Amaro, que rexistra hoxe un primeiro caso nesta onda da pandemia.  Boborás continúa cun único contaxio entre a súa veciñanza, mentres que o resto dos municipios continúan se incidencia Covid.