Fumega (6 concelleiros) é o máis votado pero sufre unha sangria de votos que se reparten Partido Popular (5) Espazo Común (5) e BNG (1), deixan a alcaldía do Carballiño en suspense.

28, Maio 2023

Os resultados electorais deste 28-M deixan no aire quen será o próximo alcalde do Carballiño, Fumega gaña con 2645 votos, tras experimentar unha gran perda de votos en relación a 2019, daquela superara lixeiramente os 4.000 votos. O PSOE obtén 6 concelleiros na próxima corporación municipal.

O Partido Popular  de Lino González sobe un concelleiro e pasa a contar con 5, grazas aos seus 2.230 votos, e aguanta como a segunda forza poliltica da corporación carballiñesa. O Espazo Común de Pachi Vázquez continúa como terceiro grupo da corporación, non logra o "sorpasso" ao sumar 1969 votos, 469 máis que fai catro anos aínda que lle dan para sumar dous concelleiros máis e empatar co Partido Popular en número de concelleiros, tamén consigue 5.

Completa a próxima corporación o BNG, que incrementa o seu apoio electoral a respecto de fai 4 anos, sobe ata os 634 votos con Sofía García como candidata. Son 180 votos máis que fai 4 anos.

Podemos obtén un resultado marxinal, con apenas 55 votos, nestas eleccións de 2023.