Guia para seguir os entroidos do Carballiño, Cea, Boborás, Maside e Piñor

10, Febreiro 2018

Animación de rúa con charangas; desfiles de comparsas e murgas; concursos de peñas, comparsas e disfraces infantis; verbenas con orquestras, e obradoiros de máscaras coparán o intenso programa previsto para estes días e que, tendo en conta o ritmo de inscricións de comparsas e peñas para os concursos de luns e o martes, auguran una gran participación popular no entroido carballliñés, e na programación de actividades organizada pola concellería de cultura.

A xornada do sábado resérvase para os mais cativos, con obradoiro de máscaras e concurso de disfraces a partir das catro e media da tarde na carpa instalada na Pista Roxa, na Praza do Emigrante.

A murga Os Liborianos animará as rúas durante o domingo,pola tasrde ofrecerá o seu repertorio de coplas e antes, pola mañá, animará as rúas do Carballiño s charanga do Doctor Anchoa.

A Ruta dos Mil será a gran novedade do luns que, por iniciativa da hostalería, pon en marcha un gran concurso de peñas que se prevé moi participativo, e no que se repartirán 1.500 euros en premios.

O día grande será o Martes de Entroido, no que terá lugar o Desfile e Concurso de Comparsas, con case seis mil euros en premios, e para o cal xa se levan inscritas moitas comparsas do Carballiño e de fóra, un concurso que vai repartir 6.000 euros en premios, e que se agarda como acontece todos os anos sexa seguido nas rúas carballiñesas por miles de persoas, un desfile que iniciará o seu percorrido ás cinco da tarde. Na Praza Maior o fin de festa correrá a cargo da Orquestra Televisión.

A tarde do mércores será para o tradicional Enterro da Sardiña, coa animación de Aspadisi e a charanga Castro Bello, as sete e media da tarde na Praza Maior. E nesta edición do entroido tamén haberá animación de rúa na feira do venres, 16.

Finalmente, o domingo 18, terá lugar no Carballiño a Festa da Cachucha, na que haberá un récord de establecementos hostaleiros participando, e no que se poderá disfrutar cos desfiles de mañá e tarde de folións tradicionais da provincia e as comparsas premiadas no desfile do martes.

En Cea, a programación ábrese o sábado dia 10 cun espectáculo sorpresa ás cinco e media da tarde na Praza Maior da vila, neste mesmo escenario terá lugar unha gran verbena entroideira amenizada polo Grupo Maratón, dende as once da noite en adiante, e para todos os asistentes, chocolatada con churros e queique.

O Luns dia 12, en Cea recibirán a visita das sempre espectáculares carrozas dee Parada de Amoeiro, Mandrás e Cea, ás catro da tarde, despois haberá unha gran festa infantil de disfreaces no centro multiusos. Tamén en Cea haberá loito o mércores 13 co enterro da sardiña, dende as oito e media da tarde, a comitiva fúnebre recorrerá as rúas de Cea, con despedida o entroido na Praza Maior, coa música da Charanga Os Centellas, e unha sardiñada Popular.

En Boborás, o sábado 10, na praza detrás do concello, organizan unha gran festa infantil con diversas actividades, chocolate con churros, e a animación musical do grupo Imperio. O lúns de entroido volverán vivir a festa máis tradicional en Pazos de Arenteiro, con concentración de "Rodos" ás nove e media da noite no Bar da Ponte, e posterior recorrido pola parroquia.

En Maside, o dia grande será lúns pola tarde, cando verémos os tradicionais Felos campar ás súas anchas pola vila de Maside dende primeira hora da tarde. Ás cinco da tarde está programado o gran desfile do carnaval de Maside no que tomarán parte as mellores comparsas da comarca, e tamén as carrozas do entroido de Parada de Amoeiro. Haberá fin de festa con chocolatada na Praza Maior da vila masidá, onde despedirán a festa co enterro da sardiña, o mércores.

En Piñor, o ambiente concentraráse o sábado dende as 3 da tarde na localidade de Cotelas, onde haberá festa infantil no centro social dende as catro e media da tarde, e logo pola noite gran bailes de disfraces amenizado coa música do grupo Ases.