A hora do xantar séntalle mal ao Arenteiro, que acaba goleado en Lugo, 3-0.

16, Febreiro 2020

Por primeira vez na súa historia de 62 anos o Arenteiro xogaba un partido de fútbol con inicio ás 13 horas, un horario que non lle sentou nada ben ao Arenteiro, que foi claramente superado polo filial do Lugo neste atípico horario futbolístico.

A primeira parte foi un monólogo do Polvorín ante un Arenteiro incapacaz de facer fronte ao fútbol dinámico do conxunto local, unha e outra vez e asi durante os primeiros 45 minutos o partido foi un recital contínuo do equipo local ante un descorcertado Arenteiro, o mellor desta primeira parte foi o resultado, 1-0 favorable ao equipo lucense que, que mantiña aos verdes aínda no partido.

Na segunda metade, parecía que o Arenteiro quería reaccionar, Gelucho fixo entrar no campo a Javi Rey e Pablo Lede, houbo máis toque de balón, pero de pouco valeu, en realidade os verdes tiraron entre os tres paus en dúas ocasións en todo o partido, mentres un efectivo Polvorín redondeaba o marcador con outros dous goles. 

Derrota amarga, e máis aínda pola lesión do gardameta do Arenteiro Rui Santos, que tivo que abandoar o terreo de xogo tras unha xogada na que se mancou nun xeonllo, haberá que agardar as probas médicas para ver o alcance da lesión.

Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614888&cod_acta=614888