A humanización da Praza Maior, a reforma da Praza de abastos e vivenda de promoción pública, na axenda do concello do Carballiño para este 2026

O primeiro tenente alcalde do Carballiño, Pepe Castro Gil pasou por esta emisora de radio para comentar o máis destacado da actualidade municipal deste inicio de ano.
Referíuse de forma concreta á reunión que os resposables municipais veñen de manter coa conselleira dd vivenda e planificación de infraestructuras, María Martínez Allegue, e na que se avanzou sobre un proxecto para a construcción de vivenda de promoción pública no Carballiño, asi como a humanización da Praza Maior e a rúa Ribadavia. Tamén confirmou o tenente alcalde que xa se presentou aos praceiros o proxecto, xa redactado, para a modernización da praza de abastos do Carballiño:
Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal a Pepe Castro-Gil en COPE O Carballiño: