Ingresa en prisión, tras prestar declaración no Xulgado, o detido pola Garda Civil polo incendio en San Bartolomeu da Freixa

15, Abril 2023

En San Bartolomeu da Freixa, un lugar da parroquia de Cameixa (Boborás) que fai unhas décadas atrás quedou deshabitado, viven na actualidade de forma permanente dúas persoas.

Unha é a muller á que ardeu a súa casa nun incendio rexistrado a última hora da tarde deste pasado venres, o outro veciño que reside na localidades é un home, de 66 anos de idade, que foi detido pola Garda Civil como presunto autor de provocar o lume que destruíu por completo unha casa en ausencia da súa propietaria e polo tanto sen causar danos personais, e afectou tamén a outros dous inmobles.

Tras prestar declaración este sábado no Xulgado de Garda do Carballiño, a titular do mesmo ordenou o ingreso provisional en prisión deste home.