Maís de 50 actividades no Verán Cultural do concello do Carballiño. Consulta aquí toda a programación para os meses de xullo e agosto.

5, Xullo 2025

A Concellería de Cultura e a Concellería de Turismo reforzan a programación lúdica do verán co obxectivo de que a veciñanza e os miles de visitantes que cada verán se achegan ao municipio desfruten da arte e da cultura na rúa. O Verán Cultural inclúe máis de 50 actividades de música, teatro, fotografía e cine dirixidas a público de todas as idades. “O Carballiño é un gran referente como destino turístico, queremos que a xente se divirta e desfrute do noso concello”, apunta Diego Fernández, concelleiro de Cultura.

A programación arranca este sábado dia 5 co concerto de Zeltia Irevire, unha actuación que da inicio ao 6º Ciclo de Música de Rúa Feito no Carballiño, unha aposta do Concello por poñer en valor aqueles grupos musicais vencelladas ao municipio.

O domingo 6, o Verán Cultural continúa coa 27ª Convivencia Familiar, organizada por Special Olympics Galicia, na que participan preto de 700 persoas con discapacidade, familiares, profesionais, voluntarios e directivos de 19 entidades de toda Galicia. Tamén o domingo se levarán a cabo as Olimpíadas con Froita, unha actividade dirixida a nenos e nenas na que se fomentan hábitos saudables como a inxesta de froitas de tempada.

Durante as próximas semanas, sucederanse actuacións musicais, obradoiros (como o de creación de curtametraxes, impulsado por Xociviga), cine, festivais, pasarrúas ou exposicións artísticas.

A programación arredor da Festa do Pulpo crece este ano, con 20 días de actividades para todos os públicos. A datas tradicionais como a elaboración da Tapa de Pulpo máis grande do mundo ou o Concurso de Camisetas únense citas como o Día do Emigrante ou a Mostra de Viños. O Concello quixo facer unha especial chiscadela aos emigrantes do Carballiño que cada verán regresan á terriña para desfrutar das súas raíces. “Facemos o Día do Emigrante para homenaxear a súa gran contribución ao noso municipio”, explica Manuel Dacal, concelleiro de Turismo.

A enocultura tamén terá o seu oco a través da Mostra de Viños, na que participará unha representación de adegas da D.O. Ribeiro, ademais de dúas adegas internacionais, unha de Noventa Padovana (Italia) e outra de Alijó (Portugal) -ambas localidades están irmandadas co Carballiño-.

Diego Fernández e Manuel Dacal animan á poboación a participar na programación e a desfrutar da amplia e variada oferta cultural para estes meses. O Verán Cultural rematará o 13 de setembro co concerto dun dos músicos máis coñecidos do panorama galego: Xabier Díaz. Xunto ás Adufeiras de Salitre, porá o broche de ouro as máis de 50 actividades previstas.

CONCERTO - CONCERTO – ZELTIA IREVIRE
sábado, 5 ás 20 h na Praza Maior

27º CONVIVENCIA FAMILIAR DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE
INTELECTUAL – FADEMGA ESPECIAL OLIMPYCS
domingo, 6 ás 11:00h no Parque Municipal

OLIMPIADAS CON FROITA
domingo, 6 ás 19 h na Praza da Vera Cruz

ENTROIDO DE VERÁN
sábado, 12 - ás 20 h DESFILE
- 21.30-22.30 e 23.30-01.30 DISCO EPOCALISIS

ELOS-MARTA BRAVO & SÉRGIO TANNUS
domingo, 13 ás 20 h na rúa Perfectino Viéitez

OBRADOIRO INTENSIVO DE CREACIÓN DE CURTAMETRAXES. Organiza A.C XOCIVIGA
Do 14 ó 24 de xullo
Semana 1: luns a xoves de 10 a 14.30 h/venres de 10 a 14 h
Semana 2: luns a mércores de 10 a 14 h e 16 a 20 h/xoves de 10 a 14 h
Créditos: 6 créditos ECTS / Certificación de OFF ESCAC

15ª EDICIÓN CINE DE FLORES. Organiza Cine Club Carballiño
15, 16 e 17 ás 22.30 h no Barrio de Flores
martes, 15: Tralas luces
mércores, 16: Rock bottom
xoves, 17: La marsellesa de los borrachos

16ª EDICIÓN FESTA DA PALABRA. Fundación Ínsua dos Poetas
sábado, 19 ás 11.30 h na Ínsua dos Poetas

CONCERTO - CERVAN + SUEÑOS DE ÍTACA
sábado, 19 a partir das 20.30 h na Praza da Vera Cruz

CONCERTO - ALEXANDRE CABANELAS TRÍO
domingo, 20 ás 20 h rúa Principal

DÍA DA EMIGRACIÓN: Concerto de música e animación musical de rúa
xoves, 24

CONCERTO – ROBERTO SOBRADO
venres, 25 ás 20.30 h na Praza Irmáns Prieto

XXXI FESTIVAL DE HABANERAS. Organiza Orfeón do Carballiño
sábado, 26 ás 20.30 h no Auditorio

CONCERTO – SOUL & ROLL
sábado, 26 ás 21 h na Praza Maior

CONCERTO – SEZZ
domingo 27 ás 20.30 h na rúa Curros Enríquez

SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS
ACTIVIDADES INFANTÍS
Do 28 de xullo ao 1 de agosto, a partir das 18.30 na Praza da Veracruz

FEIRA E MÚSICA CON CANTOS DE TABERNA
PASARRÚAS con FEITIZO DE PAU
xoves, 31 ás 11 h polas rúas da vila

ANIMACIÓN Á LECTURA. CONTOS NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
- A CICLOBIBLIOTECA. Pograma Ler conta moito
xoves, 31 ás 12 h na Praza Antón Losada Diéguez

AGOSTO 2025
______________________________________________

SEMANA GRANDE PARA PEQUENOS
ACTIVIDADES INFANTÍS
Do 28 de xullo ao 1 de agosto, a partir das 18.30 na Praza da Veracruz

CONCERTO – TACROLIMUS
venres, 1 ás 21 h na Praza Maior

MOSTRA DE VIÑOS
Adegas abertas de 12 a 15 h e de 20 a 23.30
Sábado, 2 - ás 12 h - Praza Maior e ás 21.30 h - rúas: Animación musical POLO PAN BAILA O CAN
- ás 21 h - Praza Maior: CONCERTO - TRES PESOS

Domingo, 3 - ás 12 h - Praza Maior e ás 21.30 h - rúas: Animación musical PERRITO PILOTO
- ás 21 h - Praza Maior: CONCERTO – AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA

CONCERTO – ISIDRO VIDAL
luns, 4 ás 20 h na Praza Maior

A TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO
martes, 5 ás 20 h na Praza Maior Animación musical 80-90´DJ TIBU 80

CONCERTO CUARTETO ALFONSO MEDELA “ON CUE”
mércores, 6 ás 23 h na Praza da Vera Cruz

ACTUACIÓN DOS CORIBANTES DE BUCHABADE. 20 ANOS DE MÚSICA
xoves, 7 ás 20.30 h na Praza da Vera Cruz

CONCERTO DE ZAPATO VELOZ E LOS LIMONES
venres, 8 ás 23 h na Praza Maior

FESTA DAS CAMISETAS
sábado, 9 - ás 18 h polas rúas animación musical da BATUCADA BATE NO COBRE
- ás 23 h na Praza Maior CONCERTO de GIN TONICS

FESTA DO PULPO
domingo, 10 - a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila
Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL
- a partir das 11.30 h no Parque Municipal
FESTIVAL FOLCLÓRICO DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: BANDA DE GAITAS OS CATRO VENTOS / UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA / CANTA NAS CROAS / PELEPAU
- de 22.30 a 24.30 h na Praza Maior
ORQUESTRA LA OCA BAND

17º FESTIVAL DE TÍTERES
Do 12 ao 15 ás 19.00 h na Explanada do Parque
Día 12 – AS ALMOFADAS SOÑADORAS + OBRADOIRO de AsSircópatas
Día 13 – AS AVENTURAS DE PITUQUIÑO + OBRADOIRO de Trécola Producións
Día 14 – VARIETÉS DO ANIMALARIO + OBRADOIRO de Paporrubio
Día 15 – SEN DESTINO + OBRADOIRO de Nómadas

XORNADAS DE FOLCLORE INTERNACIONAL. Deputación de Ourense
sábado, 16 ás 22.30 na Praza Maior
Países participantes: Irlanda – Georgia - Chile

CONCERTO – MINO
sábado, 23 ás 20.30 na Praza Maior

S