Máis pólvora para o Arenteiro: Javi Pazos e Germán Pérez, outros dous ex-segunda B que vestirán de verde

21, Agosto 2020

O novo Arenteiro continúa dando pasos para configurar un equipo de garantías cara a próxima tempada na terceira división, confirma a renovación do dianteiro Javi Pazos e a fichaxe do medio centro Germán Pérez.

O dianteiro pontevedrés chegou  ao Arenteiro dende o Pontevedra CF en Febreiro, polo que apenas que apenas desputou un mes de competicion da tempada rematada inesperadamente o domingo 8 de Marzo, antes de incorporarse ao Pontevedra de Segunda-B, fora pichichi da terceira nun Arousa no que coincidíu con Sylla. Agora volven coincidir no Arenteiro.

O outro futbolista que ven de incorporar o club tamén ten experiencia en Segunda-B, o medio centro Germán Pérez, que xogou as últimas tempadas na UD Ourense.