Maria del Carmen Pérez presenta un escrito no que comunica a súa demisión como alcaldesa de San Amaro

17, Setembro 2019

O escrito da alcaldesa socialista de San Amaro dando conta da súa demisión foi presentado esta mañá no rexistro muncipal deste concello.

Maria del Carmen Pérez Corral levaba apenas tres meses no cargo, elexida alcaldesa tras o pacto de gobernanza acordado polo PSOE (3 concelleiros) e Xuntos por San Amaro (2 concelleiros), establecendose un acordo entre ambas formacións polo que nos dous primeiros anos a alcaldesa sería socialista e nos dous seguintes o alcalde pasaría a ser Carlos Paz, de Xuntos por San Amaro.

Con este acordo o novo goberno bipartito fíxose coa alcaldía fronte ao candidato do Partido Popular, Fernando Rodriguez Redondo, que fora o máis votado nas eleccións de Maio, pero quedandose a un concelleiro da maioria.

No escrito, a ata agora alcadesa non explica os motivos que a levaron a tomar esta decisión.