Marnotes adianta que o orzamento de 2014 recortará a asignación aos grupos políticos e aumentará os recursos para emerxencia social

3, Decembro 2013

O concello do Carballiño elaborará unhas bases "claras e concisas que van regular estas axudas ás familias carbaliñesas en situación de emerxencia social", anunciou o alcalde.

Marnotes tamén avanzou que os grupos políticos municipais verán recortada a súa asignación económica para o ano que ven, pasando dos 20.000 euros que tiñan aos 17.000 euros "a razón de mil euros por concelleiro, e destinaremos ese diñeiro a aumentar o capítulo destinado a axudas de emerxencia social, para que as familias carballiñesas que están nesta situación poidan facer fronte a gastos tales como a luz, auga, comida ou un aluguer", subliñou.

O alcalde carballiñés anuncio que aumentará a aportación municipal para atender casos de emerxencia social, dos 2.000 euros deste ano aos 10.000 euros que se contemplarán nos orzamentos de 2014.

Marnotes tamén recordou "que por primeira vez no concello do Carballiño, fixaronse bonificacións nas taxas municipais das que se beneficiarán as familias en situación de emerxencia social" que entrarán en vigor o ano que ven.