Marnotes, proclamado como presidente de CD Arenteiro para o mandato 2024-2028. O orzamento desta tempada, o máis alto da historia do club, dispárase ata 1,9 millóns de euros.

16, Maio 2024

O actúal presidente non tivo rival e foi o único canditato para optar a un novo mandato da asamblea do club, neste caso será polo tanto para o periodo 2024-2028, e asi foi proclamado como presidente de Club Deportivo Arenteiro ante 134 socios que acudiron a esta convocatoria.

Agora, Marnotes deberá formar a súa directiva, o novo equipo que o acompañará na dirección do club para esta nova etapa, que comezará co Arenteiro competindo por segundo ano consecutivo na categoria de bronce do fútbol español, na comptitiva 1º RFEF.

Antes da celebración da asemblea extraordinaria, tivo lugar outra de carácter ordinaria, na que se repasou  o mandato que agora remata e na que se remarcou os grandes éxitos deportivos colleitados nestes últimos catro anos, con dous ascensos de categoria -de Terceira a Primeira RFEF- e catro títulos logrados neste mesmo periodo, proclamandose campión de terceira división, campión de segunda RFEF, e as Copas Federación, tanto a galega como a nacional.

No balance deportivo da tempada aínda en curso, e polo tanto sen pechar, o club calcula que rematará a tempada co presuposto máis alto da súa historia, 1,9 millóns de euros, e un pequeno deficit de apenas 6.000 euros. Ademáis, o club ten vixente unha poliza de crédito nunha entidade bancaria por importe de 150.000 euros, que terá que renovar ou cancelar no mes de novembro deste ano.