"A Maxia do Nadal está no Comercio Local", a campaña do Centro Comercial Aberto para dinamizar O Carballiño nestas próximas festas

15, Decembro 2020

Baixo o lema "A MAXIA DO NADAL ESTÁ NO COMERCIO LOCAL" o Centro Comercal Aberto pon en marcha a súa programación navideña, coa colaboracíon do concello do Carballiño e a empresa Destelerías Miño, distribuidora da marca carballiñesa Paniagüa.

A programación ábrese o dia 22 co sorte dunha cesta de nadal  e continúa os dias 23  e 24 con visita de Papá Noel e os seus Elfos, Máquina da Neve, Cabezudos, personaxes do Nadal, música e coche do nadal, o mércores 23 en horario de 16:00 a 18:30 horas e o xoves 24 en horario de 11:00 a 13:00 horas. O dia 4 de xaneiro repetiránse estas actividade de animación navideña, e finalmente o dia 6 de Xaneiro sortearánse 1.500 euros en vales de compra, en combinación co sorte do neno da lotaría nacional.

Tanto o presidente do CCA, Julián Garriga, como a concelleira de promoción económica, Silvia Baranda, incidiron no acto de presentación  desta campaña da finalidalde da mesma, premiar a fidelidade dos clientes co comercio local e dinamizar as rúas do Carballiño con actividades de animación para tódolos públicos, pero sobre todo pensando nestas datas nos máis cativos da casa.