Medida pioneira: O Concello de Boborás apagará as iluminacións públicas entre as 2,30 e as 6,30 da madrugada

11, Setembro 2009

A medida vaise acometer de forma inmediata e xa a partir da semana que ven, e consistirá no apagado das iluminacións públicas entre as 2:30 e as 6:30 da madrugada, e prolongaráse con este mesmo horario durante os meses de inverno. Desta maneira, O Concello de Boborás -asi o cuantificou o Alcalde Cipriano Caamaño nunha interveción nesta emisora de radio- pasará a aforrar aproximdamente cincuenta mil euros o ano, que se investirán no mantemento e melloras doutros servizos públicos, sobre todo nos relativos á area social. Esta medida, en todo caso, terá carácter experimental e mentres perdure a situación de crise económica na que estamos inmersos, e que afecta directamente á economia municipal. Ademáis, Caamaño tamén aclarou que o Concello de Boborás está aberto a estudiar posibles suxerencias ou alternativas que poden presentar  os veciños, entrer elas, a posiblidade de deixar encendidas as iluminacións, mantendo acesas de cada dúas ou tres luces, unha. A medida levaráse a cabo en todas as localidades do Concello de Boborás, sen excepción algunha.