Miki López é o adestrador elixido para dirixir o novo proxecto do C.D. Arenteiro

25, Xuño 2013

Os novos responsables do club apostan por un adestrador moi xoven, 31 anos de idade, e con apenas dous anos de experiencia nos bancos nos que dirixíu ao C.D. Ramirás en 1ª autonómica.

A sala de trofeos do club, no municipal de Espiñedo, acolleu o acto de presentación de Miki López como técnico do C.D. Arenteiro para esta nova etapa que agora comeza, aínda sen saber en que competición participará, se en Preferente ou 1ª autonómica, a expensas do que fagan os equipos galegos na eliminatoria final de ascenso a 2ª B.

A elección de Miki López foi presentada polo Presidente Xan Pinal como "unha aposta decidida pola xente nova, e se nova é esta etapa, decidimonos por un adestrador xoven, con gañas de traballar e progresar, e comprometido con este novo proxecto que pasa por poñer en valor a identidade do Arenteiro e do Carballiño",

"Estou na miña casa, eu considerome do Carballiño" foron as primeiras palabras do novo adestrador do C.D Arenteiro, carballiñés pola súa familia materna, que comprometeu "traballo e máis traballo, son consciente que veño a un club histórico do fútbol galego e a un dos máis importantes da provincia, asi que esto para min é un reto persoal que espero superar con boa nota", suliñou.